Sunday 05 de May de 2024

Remate de “Inventario” cunha visita guiada e un obradoiro con Melania Freire


Este martes 14 de xuño é o último día en que poderemos visitar na Casa do Concello de San Sadurniño a exposición “Inventario”, da directora de arte e deseñadora Melania Freire.

Sobre o contido da mostra enviámosvos nota a mediados do mes pasado (toda a info tédela aquí) e xa daquela avanzabamos que a autora ía conducir un pequeno obradoiro/visita guiada coincidindo coa última xornada.

Para participar nese percorrido, que se desenvolverá entre as 14:00 e as 18:00h, fai falla anotarse antes chamando ao 981 490 027 ou mandar un correo a veronica.rodriguez@sansadurnino.gal.

Tal e como indicaba a propia Freire no vídeo da exposición, para a visita “que cadaquén traia un obxecto da casa co que teña unha vinculación especial, como pode ser un pano, unha bota, unha botella unha culler… calquera cousa. Simplemente me interesa traballar a capacidade de transmisión e comunicación que teñen os obxectos, de cara a crear novas tradicións”.